martes, 11 de diciembre de 2012

Menos dun 1 esperado mes, Sandra








¡¡¡ Only one month my swedish sister, it will be awesome !!!




Recordos que nunca xamais se esquecerán

Cando te das conta de que volviches ó mundo real, ó teu mundo, que xa levas casi 3 semanas en Lugo... Todo fai recordar o que en parte deixaches atrás, que é imposible non acordarte da túa irmá sueca, dos teus pais, do teu irmán, dos avós, da casa de campo, do instituto, dos profesores, dos compañeiros de clase, e de todos os xeniais amigos que alí fixeches, das persoas especiais, daquelas que fixeron que eses 3 meses foran s mellores ata agora, os irremplazables, todo isto fai que recorde a Täby, Sweden como o lugar idóneo para vivir parte da tua vida, pasra sentir e experimentar sentimentos e accións que aquí nunca poderías; é estupendo recordar algo pasado, algo que sabes que nunca volveras a vivir de esta maneira, con alegría, con ledicia, e sen ponerse triste ou a chorar (ainda que sempre che entre morriña) porque así eres capaz de ver todas as cousas boas que viviches, e das que aínda che quedan por vivir.

Cada día que pasa busco novas cousas para acordarme de todo o vivido, ulo aquela roupa que ainda non se lavou aquí e que ule a Suecia, a miña casa, a miña familia... ; como o chocolate que me trouxen de alí, e fai que sinta ese sabor tan doce e agradable, encendo unha vela todas as noites para poder recordar parte do día a día sueco con luz e esperanza, miro o peluche que Sandra me regalou, e penso que en menos de un mes poderei tela aquí conmigo para poder vivir moitas cousas máis xuntas, falolle a todo o mundo o que estaría a facer en Suecia no mesmo intre, poño a música de Sandra, intento falar inglés cos meus pequenos irmáns españois, xa que a eles tamén lles gusta recordalo, fago tantas cousas, que moitas veces parecen insignificantes pero que amin me enchen tanto... gústame! Gustame recordar todo, porque así sei que nunca xamais serei capaz de esquecelo.


Tamén gardo moitas das cousas suecas, os libros, as entradas , os planos, as mochilas, o primeiro envoltorio de Daim, os tickets, as entradas... nunha caixa, como pequenas experiencias; así cada vez que a vexo alégrome e sintome ben conmigo mesma.




¡ NUNCA XAMAIS O ESQUECEREI !





martes, 20 de noviembre de 2012

Skinny Love




Cancións que recordan ó paraíso.





Tack

Que despois de uns días aquí, síntome cambiada diferente, pero penso que me sinto mellor conmigo mesma, síntome máis "maior", capaz de facer mais cousas, con ganas de todo, de facer máis cousas na casa, de axudar máis, de comerme o mundo e non deixar nin un so anaco.
Estar 3 meses fora abriume moito os ollos, ahora teño ganas de vivir todo, de sorir cada día, de aproveitar cada dia como se foso o ultimo, de aproveitar as oportunidades e non escaparte delas por medo ... alguns chámano madurar, eu non sei se madurei ou non, pero estes 3 meses foron a miña mellor esperiencia en todo o que levo de vida, a verdade e que nunca xamáis o vou esquecer.

Gracias a todos os que fixeron posible que pudiese vivir eses 3 meses fora da casa, e así poder descubrir ese maravilloso mundo.


lunes, 12 de noviembre de 2012

Moitas veces so necesitas ver 5 sorrisos


* Que a verdade e que non tivo que pasar moito tempo para que se convertisen en parte da miña vida, dos meus recordos, das miñas lagrimas , dos meus sorrisos, dos meus enfados, das miñas tonterias, dos meus bos días e das miñas boas noites, a verdade non tivo que pasar moito tempo para que se convertisen nos meus irmáns, si , non son de eses irmáns de sangue nin nada polo estilo, pero son irmáns de todo o bo, de todas as experiencias vividas durante 3 meses, que ainda que non o pareza foron, son e serán moito para min.
 Sempre necesitas algo ou alguén que che recorde o teu, que che recorde o bo tempo, o sol, o olor galego, as palabras bonitas que temos, as expresións, a dar bicos de despedida, a berrar, a facerse notar, o teu idioma, o teu fogar, algo que che recorde a todo aquello que aqui non tes, e eles soupéronmo dar a perfección.





Moitisimas gracias por todo, de verdade, tack tack.

jueves, 8 de noviembre de 2012

A unha semana de voltar...

Que a unha semana de voltar a casa doume conta de tantas cousas... Tantas cousas que nunca xamais poderei volver a vivir, e si da bastante pena pensar esto, demasiada, máis do que calquera pode imaximar. Vivir durante 2 meses e 3 semanas cunha nova familia, novas maneiras de facer as cousas abreche moito os ollos, descubres miles de cousas, superas medos, lanzaste o novo, o temible mundo que nos rodea, e está tan ben supererarte nestes aspectos..que quen puidese quedarse máis para seguir descubrindo cousas...
Pensas e pensas cada un dos dias vividos, das novas cousas feitas, das oportunidades vividas, e das oportunidades que deixaches de lado, por medo, ou inseguridade, e que agora tes tantas ganas de facelas realidade nunha semana que parece que o tempo se queda corto, e a verdade é que si que se queda moi moi corto, son solo 7 dias... para poder disfrutar destas terras, desta xente, destes sentimentos, desta familia, dos compañeiros do instituto, das festas, da musica, de todo. 

Dame tantisima pena marchar...de feito non quero facelo, quedaríame aqui máis tempo, con todo o que aqui teño, con todo o que aqui fixen, pero hai que volver a realidade e a rutina, e deixar de soñar que esto era infinito, porque estase rematando, por moi mal que me sinta. Así que o unico que queda facer nesta semana e disfrutar o máximo, como nunca antes disfrutaras nada, porque esta oportunidade nunca máis a volveras ter, ainda que espero voltar por aqui, e seguir coa miña pequena e xenial vida sueca.