miércoles, 19 de septiembre de 2012

Mais de un mes vendo amenceres suecos

Que levamos xa 34 dias... como pasa o tempo, amodo, moi amodo sen que apenas nos deamos conta das cousas; sen decatarnos de que xa temos unha "nova familia", uns novos compañeiros de clase, uns novos amigos, un novo instituto, novos horarios completamente distintos os de Lugo, uns novos hábitos, novos profesores, novas aficcions, novas maneiras de pensar, novos gustos, novos sentimentos, pero sobretodo nova maneira de gastar o tempo e ganas por vivir o máximo cada una das oportunidades que esta terra nos ofrece.

Parece impensable que en pouco mais de un mes, vivamos aqui como dende hay anos, que nos cambiase a forma de pensar, a meneira de poder facer case todo sos, independencia casi absoluta. Como fomos capaces de vivir e compartir todo o noso, con persoas totalmente descoñecidas, a aprender a confiar e a vivir momentos inolvidables, a dar a volta cando non atopas o camiño correcto, tanto na rúa ,como no metro ,como no bus, peor sobretodo no teu interior, saber decidir que debes facer e o que tes que facer sen que ninguen cho diga e insista.A saber recoñecer os teus erros e comerte o orgullo e rectificando, e unha das cousas mais agradables e maduras que poderia conseguir. A repetir as veces que faga falta algo para que che entendan, a soltar pequenas palabras en galego ou español e rirte coa persoa que esta escoitando, a ir soa pola rúa sexan as 8 da maña como as 10 e media da noite... cousas que nunca pensamos que faríamos en moito tempo estanse convertindo no noso día a día.

Que si que a veces faltanos algo, faltan moitas das nosas cousas, falta a tua familia, os bos dias e boas noites da tua nai, do teu pai e da tua irmá, os teus amigos, a suas caras , os seus abrazos e os seus bicos, o poder chamalos a calquera hora do dia,poder durmir na tua cama, abrazada do teu peluche, de quedar con todos os teus amigos, de poder ir adestrar, de poder falar co mellor entrenador do mundo, de soltarllo todo, de que el che de a sua opinion, de que che faga riri, e cansarte... moitas cousas votamos de menos, e so nos damos conta do que queremos cando en realidade o perdemos.