martes, 20 de noviembre de 2012

Tack

Que despois de uns días aquí, síntome cambiada diferente, pero penso que me sinto mellor conmigo mesma, síntome máis "maior", capaz de facer mais cousas, con ganas de todo, de facer máis cousas na casa, de axudar máis, de comerme o mundo e non deixar nin un so anaco.
Estar 3 meses fora abriume moito os ollos, ahora teño ganas de vivir todo, de sorir cada día, de aproveitar cada dia como se foso o ultimo, de aproveitar as oportunidades e non escaparte delas por medo ... alguns chámano madurar, eu non sei se madurei ou non, pero estes 3 meses foron a miña mellor esperiencia en todo o que levo de vida, a verdade e que nunca xamáis o vou esquecer.

Gracias a todos os que fixeron posible que pudiese vivir eses 3 meses fora da casa, e así poder descubrir ese maravilloso mundo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario