Cada día que pasa busco novas cousas para acordarme de todo o vivido, ulo aquela roupa que ainda non se lavou aquí e que ule a Suecia, a miña casa, a miña familia... ; como o chocolate que me trouxen de alí, e fai que sinta ese sabor tan doce e agradable, encendo unha vela todas as noites para poder recordar parte do día a día sueco con luz e esperanza, miro o peluche que Sandra me regalou, e penso que en menos de un mes poderei tela aquí conmigo para poder vivir moitas cousas máis xuntas, falolle a todo o mundo o que estaría a facer en Suecia no mesmo intre, poño a música de Sandra, intento falar inglés cos meus pequenos irmáns españois, xa que a eles tamén lles gusta recordalo, fago tantas cousas, que moitas veces parecen insignificantes pero que amin me enchen tanto... gústame! Gustame recordar todo, porque así sei que nunca xamais serei capaz de esquecelo.
Tamén gardo moitas das cousas suecas, os libros, as entradas , os planos, as mochilas, o primeiro envoltorio de Daim, os tickets, as entradas... nunha caixa, como pequenas experiencias; así cada vez que a vexo alégrome e sintome ben conmigo mesma.
¡ NUNCA XAMAIS O ESQUECEREI !
No hay comentarios:
Publicar un comentario